martes, 10 de mayo de 2011

Próximo evento: Agile Aplicado

que é?
imos desenvolver un proxecto web en 7 horas aplicando metodoloxías áxiles, boas prácticas e compartindo experiencias.

en 7 horas?
si, en 7 horas. Se non o rematamos tampouco será un problema, o interesante é o aprendido polo camiño.  

e estarei preparado?
pois se tes coñecementos de Java, algunha experiencia facendo probas de unidade, desenvolvemento para web e ilusión por mellorar seguro que o estás. Soamente terás que traer o teu portátil con Eclipse instalado e gañas de aprender e compartir.

cando e onde?
vai ser o día 21 de Maio en Santiago, na sede de EGANET, na Rúa
Pombal, 43 Baixo
, que colabora connosco na organización do
evento. Comezaremos sobre as 10 a.m. e debes ser puntual

hai que inscribirse?
pois sí, hai que inscribirse dado que o local ten un aforo máximo. A partir do mercores 11 de maio, poderedes inscribiros no seguinte enlace http://inscripcion.agile-galicia.es

Este evento podese celebrar gracias a colaboración de eganet, quen nos cede as instalacións.

lunes, 11 de abril de 2011

XGN 2011: Un evento que non te podes perder

Ó igual que o ano pasado, na XGN (Xuventude Galicia Net) deste ano imos ter representación do mundo "Axil"  (Agile :P) na parte de actividades.

Non vos podedes perder este evento onde atoparedes a grandes profesionais  aportándovos outra visión sobre o mundo das tecnoloxías da información

Terá lugar os próximos 15, 16 e 17 de Abril, é dicir, ¡¡ este fin de semana !! Dende aquí unha gran aperta a tódolos participantes e desexar que o evento resulte grandioso.

Podedes ver as conferencias e talleres aquí 

e aquí a páxina principal do evento


Apertas.

martes, 1 de marzo de 2011

II sabado áxil

Xa chega, xa está aquí o próximo 12 de marzo celebrase o II sabado áxil, a reunión da comunidade galega interesada en metodoloxía e prácticas axiles.
Si estás interesado en temas como Scrum, Kanban,  integración continua, TDD, etc... este é o teu evento.

Nesta ocasión vaise celebrar nunha casa de turismo rural, www.casadeamancio.com, o evento inclue a comida, por eso ten que ser de pago. Existe a posibilidade de inscribirse sen incluir a comida, pero as prazas son limitadas xa que o uso do local está ligado a comer alí.

O formato vai ser o seguinte:
  • 10:30-14:00 Mini open [1]
  • 14:30-16:30 Comida
  • 16:30-19:30 Coding Dojo[2]
Existen dous tipos de inscricción:

Ticket con comida: ten un coste de 25 euros.
Ticket sen comida: completamente de valde.

Os tickets podedelos comprar aqui: stageHQ.
[1] ¿Que é un open space?
[2] ¿Que é un Coding Dojo?

miércoles, 19 de enero de 2011

Katas y otros juegos, por Agil-AZ

El pasado sábado 8 de enero, Óscar y yo tuvimos la fortuna de poder asistir al DevOpenMadrid. Y sinceramente mereció la pena el viaje en avión (y quizás la posterior paliza en tren). Quería escribir una crónica de la experiencia vivida allí, pero como otros ya la han contado (como Laura Morillo o el propio organizador), me voy a enfocar en la sesión de Katas y otros juegos, ya que yo he sido el gallego que la propuso (véase la agenda completa en la libreta de X. Ghost).

viernes, 7 de enero de 2011

Comentarios a un artigo

Para os que non estades no grupo de Agile Spain en Linkedin apunto este interesante artigo: http://www.scrumalliance.org/articles/319-achieving-agile-leadership

A modo de puntos estrela, sobre todo contrastándoos coa realidade a nivel local, quédome con estes:

  • "Moitos líderes da industria do software teñen unha forte base técnica pero a maioría patina cando toca desenvolver as habilidades da xente ó seu cargo"
  • "A xente (os curritos, enténdese) cada vez é máis consciente da súa importancia como xeradores de coñecemento" (jajajjajajjajajajjaja ... ¿onde vive este home?)
  • Poñer o ollo nas necesidades e non nos desexos
  • Desenvolvemento individual sobre necesidades momentáneas da empresa (outra vez: jajajajjajajajjajajaj)
  • Estratexias de construcción de equipo fronte a controlar os resultados do equipo

martes, 7 de diciembre de 2010

Axilmente na Kutruparty 2010

O venres pasado, tres membros de @axilmente (Pepe Doval, Pablo Vicente e David Vílchez), estiveron presentes na kutruparty de A Estrada facendo un taller técnico. Remítovos á unha entrada donde @dvilchez conta a súa experiencia:


jueves, 2 de diciembre de 2010

A foto do taboleiro de retrospectiva do sábado áxil de 20 de Novembro

Por cortesía de Jorge, temos a foto de como quedou o taboleiro tras a reflexión conxunta dos participantes do primeiro sábado áxil.



Un saudo a todos

lunes, 29 de noviembre de 2010

¡Pero que ben estivo o primeiro Sábado Áxil!

A verdade é que costou facelo, realmente máis do que esperabamos, pero ó final chegou: un sábado de reunión para os membros da Comunidade Áxil Galega que quixeron asistir para coñecernos, aprender e pasar un bó rato xuntos.

Pola mañán configurouse o "menú do día", é dicir, a parrilla de actividades que quixemos ter. Moi simple: comentouse as ponencias, charlas tipo "mesa redonda", talleres, ...que había preparadas, para que entre os que estabamos alí se decidise qué cousas queríamos facer. Os detalles están contados aquí, aquí e tamén aquí 
Anímovos a leer eses post porque xa o contan todo mellor ca mín :D. Dende aquí darlle as gracias a David Pombar @davidpombar), ós chicos de AgilAZ (@agil_az) e a Davíd Vílchez (@dvilchez) por escribilas.

Resumindo: 2 charlas de introducción pola mañá para a xente que non sabía nada do tema, en paralelo 2 charlitas en plan "open" sobre metodoloxías áxiles en entorno multiproxecto e vender proxectos áxiles. O remaar estes "tracs paralelos", opípara comida onde ademáis de degustar diversas delicias pasámolo fenomenal e debatimos temas moi interesantes (Martín -@mpermar - propuxo o de ¿Por que non sabemos dicir "non"?, referíndose ó desenvolvemento de aplicacións, claro está ;P), tarde de kata para aprender TDD con Pablo (@pvcarrera) e Pepe (@pepellou) como "estrelas do rock" e David Vílchez como "sensei" e logo unhas partidas de futbolín e de bolos que ardeu Troia. Felicides a Jorge que se proclamou campión absoluto de bolos áxiles :P

Pero, o mellor de todo... AS PERSOAS!!.. ahí 11 sobre 10. Gracias a todos !!. Foi un verdadeiro pracer.

P.D.: Un recoñecemento especial para Juan Penalta (@jpenalta) pola súa dedicación para que isto saise adiante.

Un abrazo fuerte también para la comunidad agil española, especialmente para el maestro Beas (@jmbeas) y el gran Bonilla (@david_bonilla), que desde el lugar desde donde estaban se acordaban de nosotros y nos apoyaron con twiteos mortales de necesidad :D


Bicos para todos e a seguir "voando".

Actualización: Juan Penalta tamén conta a experiencia aquí 

jueves, 11 de noviembre de 2010

1º Sábado Áxil: a primeira reunión da comunidade áxil galega

Señoras e señores, temos o pracer de comunicarlles que o vindeiro día 20 de Novembro, celebraremos o primeiro encontro da comunidade áxil galega que denominamos "Sábado Áxil", por motivos evidentes (cae a sábado ;P)


imagenes para blogspot

Podedes informarvos sobre obxetivos, horarios, lugar e formato do evento na seguinte páxina:

1º Sábado Áxil - 20 de Novembro de 2010


Deixo un enlace a un pequeno formulario de inscripción para recoller información sobre a vosa asistencia.
Non é obligatorio, o que alí se presente non necesita ningún tipo de confirmación para asistir, pero resúltanos moi útil para coñecer o número de asistentes estimado e balancear os espacios dos que dispoñemos, así como para coñecer os perfís dos asistentes, coa idea de que os contidos sexan o máis adaptados posible a ditos perfís.

martes, 5 de octubre de 2010

Axilmente representada por David Vilchez nun impresionante coderetreat en Madrid

imagenes para sonicoEstá claro que comezamos a crecer, a participar en eventos, en actividades interesantes ( e as que vendrán). Nesta ocasión foi David Vílchez en Madrid, nun code retreat (traduzo literalmente o que pon Corey Haines , na súa páxina sobre o code retreat tour 2010 - programadores perfeccionando xuntos o seu oficio)



Polo que parece, regresou completamente impresionado. Si queredes enterarvos de cómo lle foi, podedes seguir lendo aquí:      Aturdido y abrumado


P.D.: creo que xa nos facemos unha idea de quen podería facer de facilitador si algún día damos feito unha cousa destas :P

Graciñas David.