Situación: Na reunión diaria prodúcese unha replanificación de cada tarefa. Nunha situación ideal cun só proxecto e cunha total adicación do equipo, esta replanificación é doada e permite ir actualizando o gráfico burndown.
Problema: Co persoal do proxecto repartido en varios proxectos a replanificación das tarefas (inicialmente planificadas en días ideais) vólvese complexa coa dificultade consecuente de actualización do gráfico burndown.
Solución: Para tentar aliviar este problema e non ter “excesos” de traballo na replanificación diaria dividimos a columna en curso da carpeta en 3 apartados: 0-30%, 30%-70% e 70%-100%. Esta división permite ir avanzando e retrocedendo as tarefas en progreso quedando a carpeta como mostra do estado de todas as tarefas do sprint. Isto fai innecesario o gráfico burndown de progreso e alivia a xestión diaria do progreso.
Versión en castellano:
Situación: En la reunión diaria se produce una replanificación de cada tarea. En una situación ideal con un sólo proyecto y con una total dedicación del equipo, esta replanificación es sencilla y permite ir actualizando el gráfico burndown.
Problema: Con el personal del proyecto repartido en varios proyectos la replanificación de las tareas (inicialmente planificadas en días ideales) se vuelve compleja con la dificultad consecuente de actualización del gráfico burndown.
Solución: Para intentar aliviar este problema y no tener “excesos” de trabajo en la replanificación diaria dividimos la columna en curso de la carpeta en 3 apartados: 0-30%, 30%-70% y 70%-100%. Esta división permite ir avanzando y retrocediendo las tareas en progreso quedando la carpeta como muestra del estado de todas las tareas del sprint. Esto hace innecesario el gráfico burndown de progreso y alivia la gestión diaria del progreso.
2 comentarios:
Eu estiven discutindo este tema con David o outro día; refírome a cómo reflexar o avance das tarefas . Eu opto por unha postura radical: as tarefas ou están rematadas ou sen rematar . ¿Por qué? Porque iso do 30/70/80 é moi subxetivo (por non falar da tendencia humana a inflar o tamaño da troita para quedar ben) , e por iso mesmo de cara á xestión paréceme pouco fiable . Por outra banda, o canon é que as tarefas sexan de corta duración, polo que tampouco é tan crítico esperar a que rematen para ver reflexado o avance no Berndaun ese. Podería estenderme máis, pero deixémolo así para ir abrindo o debate
efectivamente o tempo deuvos a razón á tropa partidaria de tarefas binarias (rematadas ou non)., máis ou menos claro agora temos: sen comezar, en progreso, pte probas e rematadas.
Isto sucede porque aumentamos no equipo quen probe: temos beta-tester!! que era onde viñan a pasar días as tarefas pendentes de que se probaran....
Publicar un comentario en la entrada