¿Que se fixo nese encontro?
- Presentar ós asistentes a iniciativa "axil-mente": Contámos ós asistentes, como surxíu o tema, en que estábamos interesados e que ferramentas tiñamos actualmente: páxina web[1], blog[2] e lista de correo[3]. Polo dagora temos pouca actividade, no blog un par de entradas e na web a páxina de recursos.
- Contamos tamén que é isto dos "cafés áxiles" e porque xurdiron. Tamén se explicou a proposta de funcionamento de ditos "cafés": ás persoas que puxemos isto en marcha interésanos o tema do axilismo e, como se dixo no punto anterior, puxemos cousas en marcha pero temos moi pouca actividade. Por outra banda, temos contactos cun grupo máis potente vinculado a este tema, Agile Spain [4],[5], i eles anímanos a formar parte da súa asociación como Agile Spain Galicia, pero para iso fai falta ter algo de actividade. O tema é que esta xente queda logo do curro unha vez ó mes ou así para facer reunións temáticas, etc, pero nós non podemos ir tan alá (motivos persoais varios, aínda que no futuro xa se verá). Como alternativa, surxíu a idea dos "cafés áxiles", que funcionan da seguinte maneira. Unha vez cada 15 días facemos un café áxil. Na lista de correo anúnciase, pedindo suxerencias para hora e lugar e tamén para propoñer temas. Hai unha semana para esta proposición de temas. Cando remata esta, envíase unha mensaxe resumo cós temas "recolectados" para que o personal vote. Na reunión trátase un tema único (só son 30 minutos). Tratarase o tema gañador da votación. Para a votación hai 3 ou 4 días. Unha vez seleccionado o gañador, quedan 2 ou 3 días que se recomendan para ler algunha historia relacionada para non ir "sin idea" á reunión, pero isto é claramente opcional. Os temas de debate que non gañaron quedan na lista e súmaselles automáticamente 1 punto, para que non quede ningún tema que "sempre perda" por surxir outros máis interesantes para a maioría (desta maneira consideramos ás minorías). Faise o café áxil e ponse no blog unha entrada resumo.
- Tamén se falou do aperturismo da lista de correo [3]: pódese apuntar quen queira, o grupo está configurado para iso. Ademáis, que se esté apuntado non significa que se teña que participar dos encontros e actividades. É un tema totalmente voluntario e pódese estar suscrito á lista, simplemente por "escoitar" :D. Ou sexa, que llo podedes comentar a quen queira suscribirse, non ten que pedir permiso nin nada semellante, iso si, sendo educados eh :D. O que sí é certo é que, si somos moitos no "cafesito áxil", igual hai que ir en dúas tandas :P, xa veremos.
- Recursos "punto de partida": recomendamos como "punto de partida" simplemente 2 recursos, os vídeos de "Introducción a Scrum" que fixeron os membros do Agile-Spain Madrid [6], e ler o libro "Scrum y XP desde las trincheras"[7]
- Pablo explicou a súa entrada Seguimento diario das tarefas e fixemos debate. Conclusións: non houbo consenso, polo que se vai transformar nun fío de debate na lista de correo para profundizar un pouco máis.
- O mesmo coa súa entrada Documentación xerada: informes: aquí non houbo debate, simplemente escoitamos, será porque os demáis non facemos nada :P. De todas maneiras faranse fíos de debate na lista de correo para ir recollendo as opinións da xente.
- Fíxose a proposta de construir na web un "esqueleto" sobre cada un dos términos e conceptos de scrum onde se enlace a entradas que expliquen cómo o estamos implementando cada un deles a nivel local e porqué, é dicir, qué nos levou a facer as cousas dunha maneira concreta (serán entradas do blog).
2 comentarios:
Enhorabuena. Contad con Agile Spain por si os podemos ayudar en algo.
Impresionante José Manuel, ahora me dirás que también controlas el gallego, jaja.. menudo artista :D
Publicar un comentario en la entrada