O venres 23 de Outubro, o que se fixo foron as presentacións e reparto de tarxetas identificativas e diplomas de asistencia e a creacción do taboleiro de sesións. Foi alucinante ver á xente participando, propoñendo temas, votando, construindo un taboleiro de charlas entre todos (160 persoas). Parecía inviable e sen embargo, funcionou á perfección.
Hai que dicir, que para a celebración do evento se escolleu o formato "Open Space", que para min resultou un grato descobremento. Anímovos a pulsar no enlace que deixei para informarvos máis en profundidade.
Resultado do primeiro día, configurouse unha matriz de sesións (chalas, mesas redondas, workshop's, presentacións...), de 5x6: 5 horas, con 6 sesións simultáneas cada hora.
O sábado 24, tras ó cafeciño de primeira hora xentileza dos sponsors, plantábaste diante do taboleiro, decidías a cal querías ir e listo. Si no medio non che gustaba, marchabas e ías a outra sin ningún problema, a ningúen lle parecía mal nin nada diso (a regla dos dous pes). Daba pena non poder ir a varias simultáneas :D.
Eu fun ás seguintes:
- Agilismo vs CMMI (ou sexa Calidade e Axilismo)
- Métricas ágiles
- Agilismo de Guerrilla
- Kanban
- Motal Kombat / Agile Spain 3.0
A xente estupenda, todo o mundo se miraba moi ilusionado e con ganas de aprender. Un finde redondo.
Tamén teño que agradecer a súa amabilidade a Juanjo e Rocío, que me acolleron na súa casa e me trataron coma un rei.
Como colofón, deixovos o enlace á páxina de recursos relacionados có evento que crearon na lista de distribución de Agile-Spain: #agileopenspain2009
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada