Unha nova reunión do grupo onde se tratou principalmente o tema dos roles comentando varias das seguintes cousas:
Adicación:
-Contabilizase para o sprint só a adicación ao desenvolvemento do proxecto. Reservase xa aquí a adicación á resolución de problemas en Produción. Por exemplo: 50% des e 50% produción.
-A adicación do SM (Scrum Manager) no sprint inclúe todas as tarefas que lle asignemos ao rol.
Roles:
- O SM é o responsable total. Nivel programación (revisando a integridade do código, o cumprimento de estándares,...). Nivel xerencia (perpectiva global do proxecto, xestión da relación co DP). Nivel de xestión (coordinación do equipo, documentación de xestión, planificación...).
-O DP equivale a un rol funcional. Distanciamosnos da teoría en que non fai tantas cousas como se espera... e se procuramos non liarlle a cabeza. Asiste a reunións de demo/planificación onde engade e prioriza tarefas. Tamén resolve dúbidas e fai as probas de aceptación. Aquelas funcións do DP teórico que non son asumidas polo DP real realizaranse polo SM.
Traballo en equipo:
-Equipo independente: tal cual a teoría, os membros do equipo escollen as tarefas e coordinanse entre si de motu proprio.
-Equipo dirixido: o SM asigna os traballos e coordina aos desenvolvedores. Polo menos ata que se poida garantir que o equipo se auto-coordine.
Trátase de coñecer o equipo de traballo e garantir que se funciona de xeito autoxestionado, é dicir, o equipo funciona como un todo sen intervención externa.
Control do traballo:
- Scrum permite ver con claridade o traballo de todos os membros do equipo (incluídos SM e DP) e saber quen traballa e quen non. Esta info debería ser interna ao equipo e aproveitarse para mellorar a autoxestión do grupo. Non se deberia empregar para o control das persoas a nivel laboral.
Por último incitouse á xente a participar.... así que animádevos a comentar o artigo con máis info deste kofi áxil!!
1 comentarios:
Abundando no que di Pablo, que como é lóxico se centra máis na súa forma de traballo, resumo moi brevemente os problemas dos que falei no café axil:
1) ¿O SM pica código si ou non? No noso caso non, xa lle chega abondo cos aspectos organizativos e de "vixilancia"
2) ¿Débese deixar autonomía ós membros do equipo para organizarse e repartir as tarefas (que non as historias, ollo; estas saen da reunión de planificación do sprint)? Eu abogo porque sí, pero co matiz de que o SM ten que andar con moito ollo para detectar fallos de comunicación entre os membros do equipo, e levar a iniciativa respecto da integración de todas as pezas .
Publicar un comentario en la entrada