martes, 3 de noviembre de 2009

Velocidade e outros cálculos para xestionar a planificación

Situación: Imos planificar un novo sprint e dispoñemos dunha serie de datos iniciais:

Duración do sprint en dias laborais: 10 d
Adicación prevista do persoal: P 70% e M 40%
Velocidade estimada (baseada no histórico): 60%
Buffer de proxecto: 20% aprox.


Polo tanto botamos as seguintes contas para conseguir o esforzo estimado a facer no sprint:

(duración*velocidade*persoal) * buffer = esforzo estimado
(10d*0,60*[0,70+0,40]) = 6.6
...e aplicando o buffer: esforzo estimado = 5 días home ideais (dhi)

Estos 5 dhi son os que podemos prometer na planificación ao estimar as tarefas sempre que se respecte a adicación do persoal.


Ao final do sprint medimos os seguintes datos

Duración do sprint en días laborais: 10 d
Adicación real do persoal (vaise rexistrando na reunión diaria): P 40% e M 30%
Esforzo real completado (obtido das tarefas): 4 dhi
Velocidade real = esforzo real / adicación real = 4 / 7 = 0.57 --> 57 %

Esta será a velocidade estimada no vindeiro sprint (a velocidade baseada no histórico).

1 comentarios:

José Miguel Varela dijo...

Como anécdota comento que no primeiro sprint de Xade as previsións de velocidade foron desastrosas . A causa principal foi a curva de aprendizaxe do desenvolvemento TDD, sobre todo da preparación de toda a infraestructura para poder lanzar JUnit . O gráfico Burndown parecía unha boina vista de lado :-D

Publicar un comentario en la entrada