Este 4º café áxil foi moi pouco concurrido, tan pouco que eramos catro e xa iamos có pensamento de que, máis que un café áxil, ía ser un café de toda a vida, con charla de fútbol ou similar. Sen embargo, a verdade é que tratamos un montón de temas e polo menos para mín resultou moi ameno e interesante. Cundíu moito.
Como xa digo, tocamos bastantes paos, polo que o que vou facer é facer unha entrada resumo (esta), con 2 liñas enunciando cada un dos temas e logo farei entradas de blog máis detalladas sobre cada un deles en particular.
- Primeiro principio do "manifesto áxil": persoas e a súa iteración por enriba de procesos e ferramentas. Comentamos dito principio e a dificultade de intentar practicar algún tipo de metodoloxía ou prácticas áxiles nunha organización onde se priman os procesos e procedementos. A conclusión foi que se debe intentar facer axilismo de guerrilla, aplicando aquelas partes e prácticas áxiles que se poidan, có obxetivo de exportar este modo de traballo dende as "bases" (abaixo) hacia arriba. Comentouse tamén (facendo referencia ó libro "Flexibilidad con Scrum"), o inapropiado e irreal que nos parece un dos paradigmas da visión clásica de xestión de proxectos: "Si o proceso está ben definido, as persoas son reemprazables". No noso traballo, creemos fundamental a creatividade e o talento e implicación persoal, polo que non estamos moi dacordo có precepto, ainda que, por desgracia se sigue aplicando. Como xa comentei, faremos unha entrada particular dedicada a tratar este punto.
- Visión clásica (predictiva) vs. visión áxil (adaptativa): creemos que ainda que nalgunhas parcelas son antagónicas, noutras pódense complementar. Vamos, que se poden evitar os dogmatismos e camiñar có mellor de cada lado nos petos.
- Alta dos membros da lista que queiran no grupo local de Agile Spain Galicia: aínda que isto xa ven de moi atrás, e os de Agile-Spain vanme tirar das orellas, contarvos que hai un ficheiro no que teño permisos de modificación, compartido entre os responsables de cada grupo local, onde se apunta á xente que pertence a cada un deles, máis ou menos para que a entidade a nivel nacional sepa quen e cantos somos (dato relevante, por exemplo á hora de planificar eventos, etc). Abrirei un fío na lista do grupo sobre o tema e teño que volver a consultalo cós "supertacañóns" :D, pero iso, que si queredes que vos apunte como membros, piade, ou ó revés, que apunto a todos os que estades na lista, e o que non queira que píe. En fin, que o quito na lista e xa debatimos e pechamos o tema.
- Idem ó anterior no LinkedIn: a ver, que isto xa ten máis chica. LinkedIn é como unha rede social pero a efectos laborais, en plan, mete ahí o teu currículum para promocionarte e facer contactos a nivel laboral, tamén se pode recomendar a un compañeiro como profesional ou facer conversas de grupo. Bueno, que entras, fas o currículum e xa ves o que é. O tema é que os compañeiros de Agile-Spain teñen un grupo en LinkedIn e para cada un dos grupos locais, tamén montamos outro. O noso é Agile-Spain-Galicia, polo que si queredes formar parte del, xa sabedes, a darlle á tecla.
- "Logo" para Agile Spain Galicia: o noso espíritu é corporativo có grupo nacional pero tamén queremos ter identidade propia, por iso queremos facernos un logo. Un dos compañeiros, encargarase de facelo. Cando esté, xa o presentamos en sociedade.
- Proposto un novo tema para café: Cando estás só ante o perigo (ti só nun proxecto), ¿é posible plantexar axilismo de guerrillas?, ¿É posible o mono-Scrum, ou é so un mono que cre que fai Scrum
? - ¿Como axilizar o noso grupo áxil? :D. Propúxose simplificación, menos elementos (blog, páxina e lista -- habería que debatir con qué nos quedamos). Tamén se propuxo que todos vos animedes a participar máis, entre todos podemos ensinarnos e aprender moitas cousas e as tarefas feitas entre varios son máis levadeiras. Eu propoño tamén, volver ás bases, é dicir, comezar a plantexar cafés-charla, para que alternativamente, algún de nós presente algún elemento da metodoloxía breve e claramente.
- O tema do cálculo da velocidade: este era o tema orixinal a tratar. Xa tivera a súa repercusión na lista, pero ó final Juan explicou cal era o motivo da súa proposta: non se trataba de revisar que era o cálculo de velocidade e para que se empregaba, senón entrar en detalle de cómo se calculaba e como usabamos logo esa información. Plantexamos incluso o uso dun novo gráfico (aparte do burn-up e burn-down), que nós non vimos por ningunha parte na literatura e sitios de internet e que para nós aporta un montón de boa información. Como o tema foi moi interesante e deu bastante de sí, sentareime algún día con Juan para elaborar unha entrada conxunta explicando "o concepto", como diría Manquiña :D
- Tamén Juan nos falou dun artículo sobre a "Aceleración do equipo", mostrando o seu desacordo e quedou en elaborar unha entrada referenciandoo i explicando as súas discrepancias (ala, Juanito, xa estás enmarronado :D).
Un saudiño.
2 comentarios:
Sí que aprovecháis los cafés en Galicia, madre mías que de temas para sólo 45 minutos. Quizá el ser cuatro facilitó la charla.
Me voy a coger la idea del logo para el grupo de Valladolid...perdón Castilla y León, a ver si alguno de los miembros se currar algo de manera altruista ;-)
Esperaré la entrada que hagáis sobre el cálculo de velocidad y la aceleración de equipos.
Un saludo y gracias por el resumen, siempre edificante.
Vaya Jorge, que ya te vamos a dar la segunda nacionalidad :D, ya tienes el gallego chupado eh!!
Un saludo y gracias a ti.
Publicar un comentario en la entrada