Como xa sabedes, tivemos a sorte de que houbo varios talleres / charlas sobre axilismo e aprendemos moito. Ademáis Axilmente participou directamente na charla sobre "Agilismo en Galicia", todo un honor para o que lles escribe, xunto con JMBeas
Según os ponentes cós que falei, comentando sobre a asistencia de público, dixéronme que, para ser a primeira vez que se fixeron este tipo de charlas e có tempo que houbo para publicitalo, que estiveron moi ben. Eu por suposto, para o ano ¡quero máis! :D, que somos moitos profesionais relacionados coa informática en Galicia :P
A organización moi ben, o trato, as instalacións e a flexibilidade, favoreceron que nos sentísemos moi cómodos á hora de levar a cabo as actividades.
En canto ós asistentes cos que falei (membros de Axilmente, sobre todo), dinme que o pasaron fenomenal e que aprenderon moitas cousas.
Creo que van sair as charlas en video en calquer momento, polo que vou utilizar esta entrada de blog como recopilatorio sobre noticias, vídeos e demáis recursos que vaian saíndo sobre o tema.
Espero que para o ano se repitan e contribuamos con máis presencia. Pola miña parte, agradecer a todos os participantes - ponentes, asistentes e coordinadores-, o fantástico rato que pasei o bo trato recibido. Un fin de semana excepcional.
Resumo e recursos:
- Charla "Taller de Twitter", ponentes David Bonilla e Jerónimo López: que é twitter, como programar algo contra twitter e lanzamento de ... Pelotator !! :D
- Charla "Humanware: Un programador no es un botijo", de David Bonilla: o noso traballo dende o punto de vista de un responsable de persoas, como dice David Bonilla. Charla francamente boísima, estivemos 2 horas e pico debatindo... menos mal que fixeron presión as tapas e as cervexas :)
- Charla "Agilismo de Guerrilla", ponente Xavi Gost: estivo espectacular, a ver si a deixan en vídeo porque con Xavi párteste de risa. Un fenómeno
- Charla "Agilismo en Galicia", ponentes José Manuel Beas e David Esmerodes :P: introducción ó axilismo e estado do arte en Galicia i en España. Pasámolo fenómenal. Gracias tamén a Xavi e Jorge Jiménez por participar no "teatrillo"
- Charla "El Señor de los Pardillos", ponente Angel Medinilla, moi boa. Historia da problemática asociada ó desenvolvemento de productos informáticos e o seu enfoque de solución a través de Scrum, contado utilizando a peli "El Señor de los Anillos" como base :D
- Charla "Agilismo en Sistemas" por Adrián Silva: O axilismo en sistemás e posible, falou dun movemento devops, e do seu día a día aplicando axilismo.
- Coding Dojo e Mortal Kombat, JMBeas e Xavi Gost--> Ao final xuntaronse nunha única charla. Foi moi didáctica e houbo moita participación dos asistentes. Recomendable para calquera que queira saber o que é unha Kata e aprender como se fai TDD.
VIDEOS
[1] Anuncio de Pelotator en la XGN
[3] Agilismo de Guerrilla en la XGN (I)
[5] Angel Medinilla (El Señor de los Pardillos)
[6] XGN 2010 – Agilismo en sistemas
ENTRADAS DE BLOG
- Después de la XGN 2010 por Agilismo.es (JMBeas e Xavi Gost)
- XGN 2010 (1 de 4): Eventos y Desarrolladores por David Bonilla
- XGN 2010 (2 de 4): Preparando una conferencia por David Bonilla
- XGN 2010 (3 de 4): ¿Por qué preparar una conferencia? por David Bonilla
- XGN 2010 (4 de 4): La organización de un evento por David Bonilla
Irei actualizando este post según me vaian chegando cousiñas.
P.D.: ADRIÁN FENÓMENOOOOOOO!!!

2 comentarios:
Paseino como un neno pequeno, fun a casi todas as charlas do sabado, en non houbo nin unha que non me gustara e da que non aproveitara algo. Tiven tal subidón que levo o resto de semana medio depre, ainda que tamen pode ser pola derrota do Obradoiro.
Se teño que elixir, quedaríame con estas dúas:
"Agilismo de Guerrilla" de Xavi Gost. Espectaculo puro, non paras de rir en toda a charla, quedome coa idea de que hai que deixar de chorar "e que non me deixan", e dar un paso adiante, ainda que sexa facendo guerra de guerrillas.
"Coding Dojo e o Mortal Kombat", con Gost e Beas, abreume os ollos a como se fai TDD, velo en directo e con xente que sabe do que está a falar e impagable.
Non te enfades David, a tua tamén me gustou, sobre todo o sobreiro :P
Coincido con Penalta en que a 1ª charla (a de Xavi Gost) estivo xenial, foi do máis divertida… todo un showman!!!
E a de José Manuel Beas e David estivo moi ben, había compenetración entre os dous… e estivo divertida a idea do teatro…
E non podo opinar sobre máis, dediqueime ás actividades de ocio de XGN :))
Pero penso que o das charlas foi unha experiencia positiva incluso para alguén inexperto nestes temas como eu.
Publicar un comentario en la entrada