jueves, 17 de junio de 2010

Axilmente participa do Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos do CPETIG

Bos días a todos.


Hoxe temos a gran noticia de que "Axilmente" participa no "Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos", organizada polo Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Galicia (CPETIG).


Teño o placer de participar como poñente dunha das charlas: "As bases do axilismo: os principios", á que seguirá Joserra, cunha charla sobre Scrum onde explicará como se aplican os principios que antes eu comentei no traballo real e diario, vía metodoloxía Scrum


Compartimos cartel con tres primeiros espadas,  Iñigo Tomé , Carlos G. Jardón e  José Luis Iparraguirre, o cal é todo un privilexio  e unha gran oportunidade de aprender.


Pídovos perdón por non ter posto antes a entrada no blog, pero tiven problemas de saude, e cando puiden reaccionar, xa non quedaban prazas para asistir, polo que este anuncio é só a título informativos, para que vexades que o axilismo e "axilmente" imos pasiño a pasiño despegando na comunidade.




Deixovos o enlace á noticia no portal do CPETIG, para que vos informedes en detalle: 
Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada