miércoles, 9 de junio de 2010

Mañán en Madrid comezan as Conferencias Agile Spain 2010

Pois sí, mañán é o  día, en Madrid armando ruido a xente que está interesada nas metodoloxías e prácticas áxiles.

Iremos varios de "Axilmente" i eu teño a sorte de participar como ponente na sesión sobre Comunidades Locales que identificaremos en twitter có tag #CoLoCAS2010, para os twiteros que queiran enterarse ou aportar comentarios.




A experiencia seguro que vai ser enriquecedora e traeremos moitos coñecementos novos e interesantes para intentar aplicalos :D, incluso algún día armar algo semellante nalgunha das nosas cidades galegas, que seguro que poderíamos caramba: ¡ esas universidades, esas empresas, eses profesionais, eses estudiantes, comunidades de diferentes ámbitos das TIC ! . Seguro que podemos.

Unha aperta para todos. No regreso, si podemos, faremos as crónicas :D ( a ver si lío a Pableras, Juan, Pepe, Pablo (AgilAZ), etc .. :D)

Recoméndovos a lectura desta entrada do blog do compañeiro Bonilla, que é un fenómeno :):
Mañana comienza Agile Spain 2010, por David Bonilla

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada