lunes 30 de agosto de 2010

Agile Open Spain 2010 en Barcelona

Reservade o 12 e 13 de Novembro para ir a Barcelona ó Agile Open Spain 2010. De verdade que merece a pena. Eu fun ó do ano pasado e foi impresionante. A verdade, foi unha experiencia moi positiva na que aprendín un montón e vín que había un montón de persoas interesadas en facer as cousas ben i entusiasmadas có bo exercicio da súa profesión. Non estou falando de ningunha panacea (non hai balas de plata), pero si de "outra maneira de facer as cousas".

O equipo voluntario que se encarga da xestión do evento acaba de crear unha web onde se explica detalladamente de que consta, cómo funciona e todo o demáis.

"Compartiendo el Agilismo"

Só quero reseñar 2 puntos, ó resto xa lle votades un ollo. O primeiro é que se buscan patrocinadores. Si eres socio, dono ou formas parte dunha empresa con intereses nas metodoloxías áxiles, podes conseguir bastante repercusión no séctor da informática dende unha inversión de 800€. Máis detalles aquí. En canto ós patrocinios o que buscan é cubrir os gastos que todos imos xenerar (aluger de salas, comidas, etc), para conseguir que o acceso ó evento sexa gratuíto.
O outro punto que quero sinalar é que só hai 150 prazas, e que, en palabras textuais que podemos ver ná páxina de rexistro, se concederán "por estricto orden de inscripción"

Podedes informarvos polo miudo na páxina do evento que xa vos enlacei. Ánimo e non vos perdades esta oportunidade :D

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada