martes 26 de enero de 2010

4º Café áxil -- por fin !!

Máis de un mes para escribir esta entrada. Pensei que xa non o daba feito, pero aquí estamos :P. Bueno, pois comecemos.

Este 4º café áxil foi moi pouco concurrido, tan pouco que eramos catro e xa iamos có pensamento de que, máis que un café áxil, ía ser un café de toda a vida, con charla de fútbol ou similar. Sen embargo, a verdade é que tratamos un montón de temas e polo menos para mín resultou moi ameno e interesante. Cundíu moito.

Como xa digo, tocamos bastantes paos, polo que o que vou facer é facer unha entrada resumo (esta), con 2 liñas enunciando cada un dos temas e logo farei entradas de blog máis detalladas sobre cada un deles en particular.

  1. Primeiro principio do "manifesto áxil": persoas e a súa iteración por enriba de procesos e ferramentas. Comentamos dito principio e a dificultade de intentar practicar algún tipo de metodoloxía ou prácticas áxiles nunha organización onde se priman os procesos e procedementos. A conclusión foi que se debe intentar facer axilismo de guerrilla, aplicando aquelas partes e prácticas áxiles que se poidan, có obxetivo de exportar este modo de traballo dende as "bases" (abaixo) hacia arriba. Comentouse tamén (facendo referencia ó libro "Flexibilidad con Scrum"), o inapropiado e irreal que nos parece un dos paradigmas da visión clásica de xestión de proxectos: "Si o proceso está ben definido, as persoas son reemprazables". No noso traballo, creemos fundamental a creatividade e o talento e implicación persoal, polo que non estamos moi dacordo có precepto, ainda que, por desgracia se sigue aplicando.  Como xa comentei, faremos unha entrada particular dedicada a tratar este punto.
  2. Visión clásica (predictiva) vs. visión áxil (adaptativa): creemos que ainda que nalgunhas parcelas son antagónicas, noutras pódense complementar. Vamos, que se poden evitar os dogmatismos e camiñar có mellor de cada lado nos petos.
  3. Alta dos membros da lista que queiran no grupo local de Agile Spain Galicia: aínda que isto xa ven de moi atrás, e os de Agile-Spain vanme tirar das orellas, contarvos que hai un ficheiro no que teño permisos de modificación, compartido entre os responsables de cada grupo local, onde se apunta á xente que pertence a cada un deles, máis ou menos para que a entidade a nivel nacional sepa quen e cantos somos (dato relevante, por exemplo á hora de planificar eventos, etc). Abrirei un fío na lista do grupo sobre o tema e teño que volver a consultalo cós "supertacañóns" :D, pero iso, que si queredes que vos apunte como membros, piade, ou ó revés, que apunto a todos os que estades na lista, e o que non queira que píe. En fin, que o quito na lista e xa debatimos e pechamos o tema.
  4. Idem ó anterior no LinkedIn: a ver, que isto xa ten máis chica. LinkedIn é como unha rede social pero a efectos laborais, en plan, mete ahí o teu currículum para promocionarte e facer contactos a nivel laboral, tamén se pode recomendar a un compañeiro como profesional ou facer conversas de grupo. Bueno, que entras, fas o currículum e xa ves o que é. O tema é que os compañeiros de Agile-Spain teñen un grupo en LinkedIn e para cada un dos grupos locais, tamén montamos outro. O noso é Agile-Spain-Galicia, polo que si queredes formar parte del, xa sabedes, a darlle á tecla.
  5. "Logo" para Agile Spain Galicia: o noso espíritu é corporativo có grupo nacional pero tamén queremos ter identidade propia, por iso queremos facernos un logo. Un dos compañeiros, encargarase de facelo. Cando esté, xa o presentamos en sociedade.
  6.  Proposto un novo tema para café: Cando estás só ante o perigo (ti só nun proxecto), ¿é posible plantexar axilismo de guerrillas?, ¿É posible o mono-Scrum, ou é so un mono que cre que fai Scrum
  7. ¿Como axilizar o noso grupo áxil? :D. Propúxose simplificación, menos elementos (blog, páxina e lista -- habería que debatir con qué nos quedamos). Tamén se propuxo que todos vos animedes a participar máis, entre todos podemos ensinarnos e aprender moitas cousas e as tarefas feitas entre varios son máis levadeiras. Eu propoño tamén, volver ás bases, é dicir, comezar a plantexar cafés-charla, para que alternativamente, algún de nós presente algún elemento da metodoloxía breve e claramente. 
  8. O tema do cálculo da velocidade: este era o tema orixinal a tratar. Xa tivera a súa repercusión na lista, pero ó final Juan explicou cal era o motivo da súa proposta: non se trataba de revisar que era o cálculo de velocidade e para que se empregaba, senón entrar en detalle de cómo se calculaba e como usabamos logo esa información. Plantexamos incluso o uso dun novo gráfico (aparte do burn-up e burn-down), que nós non vimos por ningunha parte na literatura e sitios de internet e que para nós aporta un montón de boa información. Como o tema foi moi interesante e deu bastante de sí, sentareime algún día con Juan para elaborar unha entrada conxunta explicando "o concepto", como diría Manquiña :D
  9. Tamén Juan nos falou dun artículo sobre a "Aceleración do equipo", mostrando o seu desacordo e quedou en elaborar unha entrada referenciandoo i explicando as súas discrepancias (ala, Juanito, xa estás enmarronado :D).
Teño que recoñecer que nos pasamos un pelín dos 30 minutos regulamentarios, pero non tanto como poida parecer pola diversidade de temas tocados eh (estaríamos sobre 45). Para mín foi un "café áxil" de moito interés e xa teño ganas de retomar esta práctica.

Un saudiño.

Libro: Diseño Ágil con TDD, de Carlos Blé

¡Vaia, ata rima o título desta entrada! :D

Comentarvos que o noso amigo Carlos Blé publicou un libro en castelán sobre Test Driven Development.

O libro está dispoñible para descarga e tamén en lulu.com a un precio duns 20€ en formato impreso. Alabo a xenerosidade de quen se dedica máis de un ano a escribir un libro e logo o deixa para uso e disfrute do persoal gratuítamente. En calquer caso, eu vouno mercar, e si alguén da lista (dos que me caides cerca ;D), está interesado en pillalo, falámolo e compartimos gastos de envío.

Deixovos o enlace a este valioso recurso:  dirigidoportest/el-libro

Posible curso de TDD en Galicia

E digo posible porque en principio, salvo que logremos xuntar sobre 15
persoas non se celebraría.


En marzo vaise impartir en Madrid, tendes a información aquí:
http://www.carlosble.com/?p=549.


Este curso imparteo un amiguete que me fixen cando fun ó Agile Open
Spain e o home é un crack do Desenvolvemento dirixido por tests, tanto
é así, que acaba de publicar o primeiro (creo) libro sobre o tema que
existe en español (non traducido)


No enlace que puxen está a información, pero non hai datas neste
momento. Si estivesedes interesados, poñelo por aquí e si xuntamos un
grupo interesante de persoas, falo con Carlos Blé e vemos como se fai.

O custe do curso son 250€, pero sendo membros da lista de agile-spain,
temos un desconto do 10%, polo que quedaría en 225 €. Tendo en conta
que se trata de 12 horas de formación teórico-práctica (2 días, 6
horas) e que cho vai dar un dos que máis saben do tema neste país, non
creo que sexa un precio caro.


Deixovos o seu resumo:


Se trata de 2 jornadas de 6 horas de duración de las que destaca su
carácter práctico. (2 días). Durante el curso los asistentes adquieren
los conocimientos a base de practicar y ser supervisados y corregidos.
Al terminar el curso el alumno no solo tiene una buena base de TDD
sino que tambien reconoce el codigo limpio y conoce las técnicas mas
importantes para escribir código fácil de mantener,  que sigue un buen
diseño. Por lo tanto se aprende a escribir buen código y no sólo
buenos tests.


Avisade si estades interesados, deixando datos de contacto nos comentarios ou apuntándovos na lista de axilmente: http://groups.google.es/group/axil-mente/browse_thread/thread/11f4a9d868d6e5e9

A semana que ven fago reconto, así que, darlle cañita. Un saudo.

P.D: Faremos próximamente un post para darlle bombo ó libro.